CONTOS CON VIDA NO COLEXIO MONTERREY
Os alumnos de 4º ESO represéntanlle contos populares ós nenos de Educación Infantil.
O pasado mércores día 2 de febreiro os estudantes maiores, representaron en galego, algúns contos, despois de traballar na clase de Artes Escénicas, a súa representación.
Algúns dos contos foron: Carapuchiña vermella, Bela e Besta, Os tres porquiños e tamén Cinzenta. Nestas actuacións de varios minutos de actuación, foron momentos de fantasía e diversión, cos que os máis cativos disfrutaron e prestaron moita atención.
É unha experiencia que todos deberíamos probar algunha vez.
(Brian Álvarez Saínza, 4º ESO)
CONTACONTOS EN PRIMARIA
Noa Pérez, 6 infantil, fainnos disfrutar da lectura co seu propio conto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario