Este curso centrámonos en animar ó alumnado para a creación dun club de lectura. Intentamos centrar os temas arredor das ODS (Obxectivos de desenvolvemento sostible).
A primeira reunión fixémola arredor do libro As alumnas de Paula Carballeira, que nos abriu un mundo do ensino, nunha época difícil, tendo como telón de fondo unha dictadura franquista. Coñecemos o papel de María Barbeitos, unha gran mestra, loitadora por un ensino diferente. Este mes de xaneiro tocoulle o turno á Sanidade e a Medicina, co libro Os nenos da varíola de María Solar. Esta vez o feito heroico xurdiu co descubrimento da vacina para erradicar unha pandemia mundial como foi a varíola.
--
Este correo electrónico ha sido analizado en busca de virus por el software antivirus de Avast.
www.avast.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario